Obradoiro de papel. Elaboración e creatividade
Otros
Neste obradoiro aprenderemos como se forma unha folla de papel de xeito tradicional e tamén exploraremos outros procesos máis creativos como o papel líquido, xogando con diferentes fibras e materiais da contorna e descubrindo a súa versatilidade como material escultórico.
- Lugar: Pedrouzos (Ames)
- Data: 11 de abril.
- Horarios: Dúas quendas, ás 17:00 e ás 18:30.
- Público: Aberto a todas as idades (preferencia na primeira quenda para público infantil e familiar).
- Capacidade: 10 persoas por quenda.
- Inscricións: Enviar correo a pedras@pedras.gal ata completar as prazas.
Esta actividade forma parte da iniciativa Artesanía na Aldea e da programación dos Días Europeos da Artesanía co obxectivo de dar visibilidade aos obradoiros locais e dinamizar os centros culturais da comarca, xunto co apoio de Artesanía de Galicia.