Celebrando os Días europeos da artesanía 2026, a Fundación Pública Artesanía de Galicia organiza no espazo de Artesanía de Galicia en Ribadavia (Rúa Banda A Lira, 2) varios obradoiros participativos de elaboración de sanandresiños, coiro e arranxos florais. Estes obradoiros teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
10 de abril:
- Elaboración de sanandresiños (quenda de mañá): Impartido por Jorge Bellón, de 11:00 a 13:30 horas.
Elaboración de sanandresiños (quenda de tarde): Impartido por Jorge Bellón, de 17:00 a 19:30 horas.
11 de abril:
Charm floral de coiro: Impartido por Antonina Kadyrova, de 11:00 a 13:30 e de 17 a 19:30 horas.
12 de abril:
- Arranxo con flores secas e presevadas (quenda de mañá): Impartido por Sonia Álvarez - Olueis, de 11:00 a 13:30 horas.
Arranxo con flores secas e presevadas (quenda de tarde): Impartido por Sonia Álvarez - Olueis, de 17:00 a 19:30 horas.
Máis información e inscricións dispñibles en: https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions