Amora Artesanía achega ao Mercado Galego da Creatividade o oficio da encadernación artesanal, un proceso paciente e cheo de detalle onde cada libro se constrúe paso a paso coas mans.
Durante este Escaparate Vivente o público poderá observar en directo como se realiza o proceso de encadernado: a preparación das follas, o cosido e o montaxe final que dá forma a unha peza única. Unha oportunidade para descubrir de preto un oficio tradicional e entender todo o traballo que hai detrás dun caderno feito de maneira artesanal.
Se che gusta coñecer os oficios e os procesos do feito a man, anota a data desta actividade:
📌 Venres 10 de abril · 17:00 – 19:30 h
📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela
Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel.
🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal