ELABORACIÓN DUNHA GARGANTILLA DE ALGODÓN CON TÉCNICA I-CORDEL
Textil

Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Desirée, de La con Agarimo, que nos achegará ao mundo da calceta artesanal.

Neste obradoiro aprenderemos a crear unha gargantilla lixeira e elegante de algodón, empregando a técnica do i-cordel con agullas de dobre punta. Ao longo da sesión descubriremos como realizar a técnica completa, como crear volume e textura e como rematar a peza para que teña un acabado coidado e profesional.

Un taller pensado para desfrutar do proceso, aprender unha nova técnica e levar para casa a túa propia peza feita a man.

Anota a data desta actividade:

📌 Sábado 11 · de 16:00 a 20:00 h
📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela
👧 A partir de 10 anos

✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41  I  Prazo aberto a partir do 28 de marzo.

Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia@xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte, xunto a @oficioyarte@jemaofficiel.

🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal