PRESENTACIÓN LIBROS E TALLERES FORMATIVOS "HUERTAS VERTEBRALES"
Otros

A marca de Artesanía de Galicia, A Casa Rodante celebrará a presetnación dos novos libros de Greta Fábregas: "La vida en la despensa (Vol. I y II)", encadernados de forma artesanal nos nosos talleres de encadernación. Con esta publicación consolídase a colaboración iniciada xa cos seus anteriores traballos: "Yo creo", "Cuaderno de campo" e "Cultivar sin problemas".

O encontro terá lugar en dúas sesións -a tarde do venres e a mañá do sábado- como peche aos "Días Europeos de la Artesanía", unhas xornadas que se desenvolverán dende o 07 ao 12 de abril de 2026, no noso Espazo Rodante (local nº7, planta baixa do Centro Comercial A Laxe)

Ademais da presentación dos novos tomos, daráse a coñecer o "Programa formativo para 2026", do seu proxecto "Huertas Vertebrales", unha iniciativa na que Greta Fábregas compartirá os seus próximos plans e propostas de aprendizaxe.

Estas xornadas buscan unir o valor da artesanía coa cultura do cultivo, dúas formas de traballo que comparten o respecto polos tempos, o coidado no bo facer e a procura de resultados auténticos.