Xornada de portas abertas nas tendas-taller de San Pedro
Joyería y bisutería

Dende os tres talleres artesáns da Rúa de San Pedro (El taller de Fer, Kinga Haudek e Brigantia Orfebres) queremos achegarvos unha proposta conxunta para os Días Europeos da Artesanía. 

 

A proposta é unha xornada de portas abertas que faríamos o sábado 2 de Abril de 11:00h a 13:00h. 

 

A idea é facer 4 turnos de media hora, con 3 personas por turno, que vaian pasando polos 3 talleres para facer unha peza (unha pulseira ou colgante) de principio a fin que logo se levarán unha vez rematada. En cada taller realizarán unha parte do proceso e coñeceran as técnicas que se empregan no metal e no coiro. Deste xeito os participantes vivirán como son os pasos que leva unha peza detrás, dende os bocetos do deseño, ata lucila unha vez rematada.

 

Tamén queremos ofrecerlle ós participantes unha pequena charla para que coñezan os oficios e a historia deles en Galicia e, máis concretamente, en Compostela.

 

Nas tendas-taller da Rúa de San Pedro, pretendemos poñer en valor e destacar o que nos diferencia como comercios; que é a garantía de coñecer de primeira mán, a orixe das pezas artesanais que están mercando, de poder valorar a súa calidade insitu e a posibilidade de contar co noso oficio para personalizar as súas propostas.

 

Dado que as prazas son limitadas acudirase con inscripción previa. Ó final da xornada os participantes obterán un certificado que acredite o obradoiro que realizaron ese día.

Fotos