TALLERES ABERTOS - Visita Guiada aos talleres artesanais de A Casa Rodante
Multisectorial

Con motivo da celebración dos "Días Europeos da Artesanía", a marca A Casa Rodante leva a cabo unhas xornadas de portas abertas nas que tódalas persoas interesadas que así o desexen poderán asistir a unha visita guiada polos talleres de APAMP, onde se realizan todos os seus productos, porque sabemos que hai procesos que non se poden apresurar e que a beleza nace tamén no encontro.

"Talleres Abertos" é un percorrido pola alma dos nosos oficios, para descubrir a linguaxe do barro na cerámica e o tecido ancestral da cestería. Neste circuito, as Creadoras —artesáns/ás con parálise cerebral— non só abren as portas dos seus talleres, senón que comparten a súa forma única de transformar a materia. É unha invitación a deter o reloxo, observar o detalle e encontrarnos no valor do feito a man.

Esperámosvos para compartir e reflexionar sobre a arte, a creatividade e a artesanía. Vén ser parte desta rede onde cada fío, cada peza e cada charla contan! Para poder acudir ao encontro é imprescindible reservar plaza, introducindo DATOS AQUÍ.

 

NOTA IMPORTANTE:O aforo é limitado e tanto A Casa Rodante como APAMP non poden asegurar o acceso de persoas que non teñan cuberto debidamente a documentación. No caso de que non se alcance o aforo mínimo necesario, esta visita pode ser cancelada, previo aviso aos participantes.