Palillado Tradicional
Textil
A artesá Lucía Figueroa desenvolverá unha actividade consistente nun faladoiro que pon en relación ás mulleres nos tempos da emigración co palillado tradicional falando da historia do encaixe de bolillos, e a continuación levará a cabo unha demostración de palillado. de 9:30 a 10:30 h no Parador Nacional de Muxía, todos os días do 2 ao 6 de abril. E na Pérgola do Ézaro, tamén pola tarde todos os días do 2 ao 7 de abril, en dúas sesións, entre as 16 e as 19 h.