Obradoiro de Miyuki con Mica
Joyería y bisutería

Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Mica, que nos achegará ao delicado mundo do bordado con contas de Miyuki.

Neste obradoiro aprenderemos a crear pequenas pezas bordadas sobre aros de aceiro, empregando contas de Miyuki e mostacillas de vidro para dar forma a unha composición única. Cada persoa participante poderá experimentar coa técnica e deseñar a súa propia peza, elaborando uns pendentes ou un colgante de deseño libre.

Un encontro creativo para descubrir unha técnica minuciosa e relaxante, onde cada conta vai construíndo a peza pouco a pouco ata crear unha pequena xoia feita coas propias mans.

Anota a data desta actividade:

📌 8 de abril · 16:00 a 20:00 h
 📍 Mercado Galego da Creatividade (Santiago de Compostela)

 👧 A partir de 16 anos

✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41  I  Prazo aberto a partir do 28 de marzo.

Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia@xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte, xunto a @oficioyarte@jemaofficiel.

🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal