Elaboración dunhas alpargatas cosidas a mán
Piel y cuero

Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Nerea, de Dona Formiguinha, que nos achegará ao proceso artesanal de creación dun calzado tradicional.

Neste obradoiro coñeceremos paso a paso como se elaboran unhas alpargatas, combinando diferentes fases do oficio. Primeiro realizaremos o corte das pezas empregando plantillas preparadas previamente. Despois pasaremos ao aparado, onde se preparan e axustan as tiras e a taloneira para dar forma ao calzado.

Finalmente chegaremos á parte máis especial do proceso: o cosido artesanal, aprendendo a técnica do punto a man para unir a pel coa sola de xute. Un momento tranquilo e moi satisfactorio onde cada punto constrúe a peza pouco a pouco.

Unha oportunidade para descubrir de preto un oficio tradicional e levar para casa unha peza feita coas propias mans.

Anota a data desta actividade:

📌 Sábado 11 · de 10:30 a 14:30 h
 📍 Mercado Galego da Creatividade (Compostela)
 👧 A partir de 12 anos

✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41  I  Prazo aberto a partir do 28 de marzo.

Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia@xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte, xunto a @oficioyarte@jemaofficiel.

🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal