Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Sonia Arnaiz, que nos achegará ao proceso artesanal da creación dunha peza de ourivería.
Neste obradoiro participaremos no proceso de elaboración dun anel en prata 925 inspirado na colección “Espuma de Mar”. Traballaremos o metal de forma manual, dándolle forma e creando volume mediante pequenas esferas fundidas de prata, empregando as ferramentas propias dun taller de ourivería.
Unha experiencia para coñecer de preto o oficio ourive, onde técnica, precisión e sensibilidade se poñen ao servizo do deseño para dar lugar a unha peza única feita coas propias mans.
Anota a data desta actividade:
📌 Xoves 9 de abril · de 16:00 a 20:00 h
📍 Mercado Galego da Creatividade (Santiago de Compostela)
👤 A partir de 18 anos
✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41 I Prazo aberto a partir do 28 de marzo.
Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel.
🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal