Xornada de Oficios Abertos no Alfar dos Muiños
🗓 Domingo 6 de abril | De 10:00 a 20:00 h
📍 Barrio dos Muiños, Mondoñedo
O vindeiro domingo 6 de abril celebramos unha xornada moi especial no Alfar dos Muiños, aberta a todas as persoas que queiran achegarse ao mundo da cerámica e dos oficios artesáns nun ambiente de aprendizaxe, colaboración e creatividade compartida.
Durante todo o día, o noso espazo converterase nun lugar de encontro onde experimentar co barro, os fíos, as teas, as tintas... e mesmo coa música!
Obradoiros e actividades durante a xornada:
Poderás participar libremente en diferentes obradoiros artesáns, conducidos por profesionais de cada disciplina:
🌀 Torno cerámico
👐 Modelado manual
🎨 Esmaltado
🧶 Fiado con rueca
🧵 Confección téxtil (por confirmar)
🎭 Títeres (por confirmar)
👝 Marroquinería
🖌 Estampación artesanal
Todos os obradoiros estarán activos ao longo do día para que poidas pasar dun a outro, segundo che pida o corpo e a curiosidade.
Comida, bebida e encontro
🥖 A comida e a bebida serán compartidas entre todas as persoas participantes e as persoas que imparten os obradoiros. Cada quen traerá algo para contribuír á mesa común.
☕ Faremos unha pausa pola mañá para o café, e outra pola tarde para o té.
🔥 Ao mediodía acenderemos un lume para xantar e conversar entre barro e risos.
Concerto de peche con Marta Quintana
🎶 Para rematar esta xornada tan especial, gozaremos do concerto da arpista Marta Quintana, que nos agasallará cun momento de música íntima e cheo de beleza para pechar o día en harmonía.
É precisa inscrición previa para participar dos obradoiros, pero no para compartir o día
Só tes que traer ganas de compartir, de crear, de aprender e de gozar dos oficios feitos con alma.
Vémonos o domingo 6 de abril no Alfar dos Muiños, en Mondoñedo.
Un día para lembrar, entre oficios artesans, música e comunidade.