Obradoiro de estampación textil.
Textil

No marco dos Días Europeos da Artesanía, convidámoste a participar nun obradoiro de estampación téxtil impartido pola ilustradora e artesá Xiana Cobo.

Neste encontro creativo mergullarémonos no proceso artesanal da estampación sobre tea, explorando técnicas manuais, composición e uso da cor para crear pezas únicas e cheas de personalidade. Da man de Xiana, coñeceremos como trasladar a ilustración ao soporte téxtil, experimentando con formas, ritmos e texturas para dar vida a deseños propios.

O obradoiro está pensado tanto para persoas sen experiencia previa como para quen desexe afondar nas posibilidades expresivas da estampación artesanal. Un espazo para crear, compartir e descubrir o valor do feito a man, celebrando a artesanía contemporánea e os seus procesos.

Unha oportunidade para conectar coa creatividade e levar para casa unha peza personalizada creada por ti.

Prazas limitadas.

Fotos