XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS (EMAO)
Multisectorial


DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA

Abril 2026

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS (EMAO)

Martes día 7 de abril de 2026, en horario de 12.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h

Todos os talleres da EMAO terán as súas portas abertas no horario indicado e o visitante poderá achegarse ás actividades dos talleres de: Construción Artesanal de Instrumentos Musicais -CAIM-(Gaitas e Zanfonas), Talla e Escultura en Madeira, Pintura, Debuxo Artístico, Deseño e Encaixe de Palillos, Ourivaría, Moda e Confección, Cerámica artística, Artesanía en Coiro e Serigrafía Artística.


3º ENCONTRO PROFESIONAL GALEGO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Sábado 11 e domingo 12 de abril, en horario de 11.00h a 14.00h e de 16.30h a 20.00h

Complementariamente, as instalacións da EMAO acollerán, os días 11 e 12 de abril, o “3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais”, evento que, organizado por LABRA (Asociación Profesional Galega de Construcción de Instrumentos Musicais), desenvolverá interesantes actividades relacionadas coas diversas facetas que conleva a construción de instrumentos musicais, especialidade con estreitos vencellos coa nosa escola.

Deste xeito, e tal e como se recolle na súa propia entrada do Programa dos Días Europeos da Artesanía 2026, o Encontro comprende unha exposición de instrumentos construídos polos asociados de LABRA que queiran participar en cada edición, así como unha serie de actividades complementarias entre as que haberá:
- Presentacións de proxectos individuais que podan ser de interese para o grupo ou para o público.
- Faladoiros de temas específicos dirixidos ao público profesional.
- Concertos que serven de mostra do traballo dos asociados.
- Debates internos nos que se tratan temas específicos de interese para a Asociación.