Obradoiro de decoración con burbullas
Cerámica
Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, o Museo Os Oleiros organiza un obradoiro cerámico de decoración con burbullas.
Todas as persoas participantes nesta actividade realizarán unha peza partindo de cero, empregando distintas técnicas cerámicas, e a decorarán con burbullas de cores.
Este obradoiro estará dirixido pola ceramista Susana Anta e para participar nel non é preciso ter coñecementos previos.