ELABORACIÓN DUN TOCADO DE CRISTAIS CON TÉCNICA DE ALAMBRISMO
Multisectorial

⭐ Actividade dos Días Europeos da Artesanía

ELABORACIÓN DUN TOCADO DE CRISTAIS CON TÉCNICA DE ALAMBRISMO

Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Natalia, de Hana Noboshi, que nos achegará ao proceso creativo da elaboración dun tocado artesanal.

Neste obradoiro aprenderemos a crear un tocado de cristais montado lateralmente nunha diadema, empregando a técnica de alambrismo aplicada á sombreirería. Ao longo da sesión descubriremos como manipular o arame, colocar os cristais e fixalos mediante xiros precisos para construír unha composición equilibrada, con volume e un acabado coidado.

Ao rematar o taller, cada participante levará para casa un tocado lixeiro, flexible e brillante, feito coas súas propias mans e listo para usar como accesorio.

Anota a data desta actividade:

📌 Venres 10 de abril · de 10:30 a 14:30 h
📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela
👤 A partir de 18 anos

✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41  I  Prazo aberto a partir do 28 de marzo.

Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia@xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte, xunto a @oficioyarte@jemaofficiel.

🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal