Artesanía de Galicia en Merza
Multisectorial

Artesanía de Galicia en Merza é un novo programa de feiras de carácter mensual que se celebran no novo espazo de espazo de actividades culturais e lúdicas do obradoiro Eferro, en Merza (Vila de Cruces), denominado eferroGhalpón. No mes de abril, coincidindo cos días europeos da artesanía, celébrase o sábado, día 11, unha edición especial no que haberá actividades musicais e obradoiros abertos e gratuítos para o público adulto e infantil impartidos por Elena Ferro e A Casa Rodante. 

Nesta ocasión atoparemos expositores de xoiería, instrumentos musicais, tecido, papel artesanal, coitelería e elaboración de xoguetes a cargo de Pipa Pirita (Vigo), Nobelo a nobelo (Vedra), Enxógate (Quiroga), A Casa Rodante (Vigo), Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela), Roberto Buchanan oyas de Autor (Poio), Lumecú (Vilar de Santos) e Celso Ferreiro (A Fonsagrada).

Ás 13:30h a sesión vermú correrá a cargo da actuación musical de Eris Mackenzie e a foodtruck Fartura.

O horario de apertura da feira será de 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Fotos