Artesanía na aldea. Descubre o papel artesanal
Otros

Obradoiro infantil e familiar no que descubriremos como se fabrica unha folla de papel artesanal e exploraremos as posibilidades plásticas que nos ofrece, tanto en 2D como en 3D. Na actividade poderás probar a formar unha folla de papel para despois experimentar engadindo outros elementos como sementes, fíos, ceras, pintando coa propia polpa, facendo un gofrado ou creando unha sinxela escultura.

O obradoiro está enfocado para público infantil e familiar (menores de 6 anos acompañados dunha persoa adulta). Terá lugar na escola de Buía (Rianxo). Hai dúas quendas: 10:30-11:30h e 12:00-13:00h. Ten unha duración de 1 hora. Requírese inscrición previa no enderezo pedrasdepapelart@gmail.com

Fotos