Obradoiro de fibras vexetais
Fibras vegetales

Xornada de portas abertas no centro de recursos Medelo-Silleda; centro de atención diúrna especializado en proporcionar atención personalizada a persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio límite e intermitente, en situación de dependencia que polas súas características necesitan unha atención persoal para potenciar hábitos de vida diaria así como actividades capacitadoras e terapéuticas de formación ocupacional e desenvolvemento de habilidades sociais. 

O centro céntrase por unha banda na promoción da vida autónoma e a normalización das condicións de vida e doutra banda na adquisición de coñecementos do ámbito ocupacional ou prelaboral que faciliten a inclusión sociolaboral. Os días 2, 3 e 4 de abril o obradoiro de traballo con fibras vexetais permanecerá aberto para que todas as persoas interesadas poidan compartir unha xornada de traballo xunto coas persoas con discapacidade intelectual que traballan neles, podendo ver unha demostración en vivo de como se elaboran as pezas e aprender os procesos e técnicas utilizadas ao traballar o mimbre, médula de ratán ou junco. O obxectivo é poñer en valor o produto artesán feito a man e fomentar e divulgar os oficios artesanais visibilizando as capacidades das persoas con discapacidade ademais de reivindicar a igualdade de oportunidades. 

A actividade é totalmente gratuíta e ten unha duración de 1:30 h aproximadamente, sendo imprescindible reservar praza no número 986 581387 para algunha das 2 sesións diarias: 1. 10:00 a 12:00 h 2. 12:30 a 14:00 h