Simbiose
Cerámica

Somos dúas artesás que traballamos técnicas distintas e creemos que somos perfectamente compatibles a hora de crear, rompendo os prexuicios entre profesionais do mesmo gremio.

O traballo de Macu da Bellota Mágica é principalmente de modelado e o de María de de Ceniza de Papel é de creación de pezas modulares e utilitarias.

A partir de aquí crearemos hábitats onde convivan as nosas creacións, mantendo a personalidade e os materiais cos que traballamos: porcelana e barro de buño.

A actividade sería presencial, o número máximo de visitantes será de 15.

Xa que o proceso cerámico é moi lento teremos pezas xa creadas e acabadas para que os visitantes vexan o resultado final, o mesmo tempo poderán ver o noso proceso de traballo e como imos dando forma a simbiose a partir das nosas ideas e as plasmamos nos materiais nos que traballamos.