Obradoiro de ourivaría.
Joyería y bisutería

Os días 1 e 2 de abril, dentro do marco dos días europeos da artesanía, farase unha xornada de portas abertas no obradoiro.

 

 A viaxe que faremos  será unha achega ás ferramentas e aos feitíos habituais dunha ourive artesá, onde ademais os participantes poderán realizar unha peza, que formará parte dunha obra coral, en colaboración comigo e coa miña irmá, a artista performática Ana Gesto.

 O fío conductor deste obradoiro serán as culleres e como é natural, logo de rematar será preciso usalas para darlles vida...(até aí podo ler)

 

 Poderán participar nenos e adultos, as prazas son  limitadas e farase mediante reserva anticipada.

Fotos