Obradoiro de elaboración de obxetos con fibras vexetais
Fibras vegetales

O centro COGAMI Medelo ; centro de formación especializado en proporcionar atención personalizada a persoas con discapacidade intelectual impartirá durante os días 27, 28,29,30 e 31 de marzo na Sala ABANCA de A Estrada un obradoiro de elaboración de productos con fibras vexetais; mimbre, médula de ratán etc...

Durante os 5 días todas as persoas interesadas poderán compartir unha xornada de traballo xunto as persoas usuarias do centro, participando na elaboración das pezas e aprendendo os procesos e técnicas.

A actividade é totalmente gratuíta e ten unha duración de 1:30 h aproximadamente, sendo imprescindible reservar praza no número 986 581387 para algunha das 2 sesións diarias:

1. 10:00 a 12:00 h

2. 12:30 a 14:00 h

O obxectivo é poñer en valor o produto artesán feito a man e fomentar e divulgar os oficios artesanais visibilizando as capacidades das persoas con discapacidade ademais de reivindicar a igualdade de oportunidades.