O centro COGAMI Medelo ; centro de formación especializado en proporcionar atención personalizada a persoas con discapacidade intelectual impartirá durante os días 27, 29,30 e 31 de marzo na Sala ABANCA de A Estrada un obradoiro de creación de cuncas e tazas de barro.
Durante os 4 días todas as persoas interesadas poderán compartir unha xornada de traballo xunto as persoas usuarias do centro, participando na elaboración das pezas e aprendendo os procesos e técnicas utilizados ao traballar con barro.
A actividade é totalmente gratuíta e ten unha duración de 1:30 h aproximadamente, sendo imprescindible reservar praza no número 986 581387 para algunha das 2 sesións diarias:
1. 10:00 a 12:00 h
2. 12:30 a 14:00 h
O obxectivo é poñer en valor o produto artesán feito a man e fomentar e divulgar os oficios artesanais visibilizando as capacidades das persoas con discapacidade ademais de reivindicar a igualdade de oportunidades.