kINTSUGI / ARTESANÍA DO PASATEMPO - Maria del Carmen Juncal
Cerámica

Nestas demostracións participativas, poderán aprender e gozar dunha técnica tan especial como o  Kintsugi, tendo a oportunidade de traer unha vella peza de cerámica e darlle nova vida reparando as súas feridas con ouro.

O  Kintsugi é unha técnica xaponesa onde a cerámica rota repárase con ouro, creando un obxecto novo e fermoso, revalorizando as cicatrices. Co  kintsugi apréndese unha técnica creativa pero sobre todo aprende do poder das feridas como ferramentas de crecemento, aprendizaxe e  sanación.

Non é necesario traer materiais. Proporcionaranse ferramentas de reparación e instrucións Trae a túa propia cerámica de casa ou rompe un cacharro da nosa colección  kintsuguiana.

Fotos