III Fornada Tradicional e Fiadeiro de Niñodaguia
Cerámica
Durante a fornada tradicional o visitante poderá experimentar unha experiencia única, que consiste en cocer os "cacharros" de barro elaborados polos "cacharreiros" de Niñodaguia, sendo este un pobo con unha longa tradición no oficio de Alfareiro. Para levar a cabo esta tarea utilizaremos os antigos fornos de pedra conservados no pobo, e que antigamente se usaban de xeito comunal polos veciños.
O obxectivo deste encontro é conectar coas nosas tradicións dun xeito directo, voltando a unha época concreta na que os "cacharros" de barro eran imprescindible na vida cotiá, lembrando e homenaxeando os nosos avós e avoas, e difundindo un modo de vida que hoxe forma parte da nosa identidade e da nosa cultura.