Demostración de Rakú al aire libre / Esquina Atlántica
Cerámica
Demostracións diúrnas e nocturnas de rakú, unha técnica chinés-xaponesa-coreana moi visual e que permite ver, desde unha perspectiva asombrosa, a química da cerámica, as transformacións que se producen polas condicións do enfornado, os cambios que provoca a falta de osíxeno nos esmaltes, a metalización dalgúns deles e os efectos craquelados noutros.
Retirar as pezas do forno a lume vivo, mergullalas en auga, serrín ou papel, e ver como se fai a maxia da redución, unha técnica que namora e que permitirá a cada visitante levar unha peza única, pero sobre todo unha experiencia que nunca esquecerán.