Visita e demostración de olería no Museo Os Oleiros
Cerámica

Ven a visitar a colección de olería popular do Museo Os Oleiros e goza dunha demostración de olería en vivo!

Nesta actividade viaxaremos por España a través das pezas de olería da colección do Museo Os Oleiros; prestaremos atención á gran variedade de barros, á rica e variada decoración das pezas de olería e descubriremos os mil usos que o barro tivo ao longo da historia.

Como complemento á visita o oleiro Alberto Añón, da Olería Lista de Buño, realizará unha demostración de olería en vivo.

Trátase dunha actividade gratuíta para un máximo de 25 persoas, polo que será necesario reservar praza no seguinte enlace: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1052840